Formación

Formación

Data
Categoría
Formación, Produción
Tags
Amor Viaxeiro, Curtametraxe, Produción

Amor Viaxeiro – Curtametraxe Netflix-Fitur

Cordinación da produción do proxecto Amor Viaxeiro, curtametraxe dun grupo de alumnos/as do Centro de Formación Audiovisual, galardonado no concurso de curtas de Netflix e Turespaña “¿Cómo dirías que es España sin decirlo?”.

Este traballo producido e realizado por alumnos/as da escola, gravouse en distintos paraxes naturais de Galicia e recibiu un premio en metálico de 7.000€ para a súa produción.

Así mesmo, a estrea oficial fíxose no stand de Turespaña en Fitur 2023, e contou coa participación da ministra de Turismo, Reyes Maroto, entre outras autoridades e membros directivos de Netflix e Turespaña.

A curtametraxe trata temas coma o alzheimer ou a diversidade sexual, ademáis de viaxar por toda Galicia ensinando a súa riqueza paixasística e monumental.

A miña labor foi como profesor responsable da produción, cordinando aos alumnos/as e xestionando a loxística de transporte e manutención, xunto con labores de produción de campo. Iago Viana, foi o outro docente que participou actívamente no proxecto como cordinador técnico.

O centro de formación audiovisual de Lugo, no que se imparten os ciclos superiores de FP de Realización e Produción de Audiovisuais e Espectáculos, pertence á Deputación de Lugo levando máis de 20 anos formando a alumnos/as de toda Galicia.