Info

Productor

Data
Categoría
Produción

Xornada “A Mariña Somerxida”, 22 Xuño 2019

Produción e realización da xornada “A Mariña Somerxida” o pasado 22 de xuño en Foz(Lugo). Neste evento formei parte da organización xunto con Ana de Lara e Carlos Gil e a empresa Maremasma sl.

Preto de 1oo persoas asistiron a esta actividade na que contamos con ponencias de expertos en diversas áreas da bioloxía mariña, a fotografía subacuática e a arqueoloxía somerxida.

Este proxecto foi financiado a través do GALP A Mariña-Ortegal e a Xunta de Galicia. Tamén colaboraron outras institucións coma o Concello de Foz ou o Clube Náutico de Foz.

A xornada completouse coa inauguración dunha exposición de fotografía submariña con imaxes de Carlos Gil Fernández e Hugo Fernández Balseiro.